Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

12 oct. 2012

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

File:Arcimboldo Verano.jpg
Verán (1.573). GIUSEPPE ARCIMBOLDO
Co curso xa en marcha, é importante que tanto desde a escola como desde a familia incidamos na necesidade de ter uns hábitos saudables, tanto de alimentación como de descanso, co fin de poder render o máximo posible. 

Ademais das actividades que se realizan nas titorías, o alumnado de 6º asistirá a unha charla sobre a importancia de ter uns hábitos alimenticios correctos o día 30 de outubro a cargo de responsables de ABAGAL.

Por outra parte comezamos ese mesmo día coas charlas que iremos programando dentro da Escola de Nais e Pais que queremos poñer  a andar. Será ás 16:00 no centro e sobre o mesmo tema, ademais de tratar a prevención de alteracións alimentarias desde o ámbito familiar.

Outono (1.573). GIUSEPPE ARCIMBOLDO
Destacar que o próximo 16 de outubro celébrase o Día Mundial da Alimentación, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Naciones Unidas para la Agricultura e a Alimentación (FAO).

A súa finalidade é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. O día coincide coa dagta de fundación da FAO no ano 1945.

Unha data para aproveitar e concienciar aos nosos fillos e fillas da importancia dos valores que se queren destacar.

Ligazóns de interese:

No hay comentarios:

Publicar un comentario