Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

2 nov. 2012

HABILIDADE SOCIAL: UNIRSE AO XOGO

Durante este mes o alumnado de sexto intentará dinamizar os xogos no tempo de recreo. Por iso propoñemos que se reforce a habilidade social relacionada con unirse a un xogo, dándo pautas ao rapaces e rapazas de como deben facer cando queren participar nun.

Pasos a seguir cando queremos entrar nun xogo:          
  1. Acercarse ás persoas que están xogando e observar a actividade.
  2. Decidir se queremos entrar no xogo ou actividade. Esperar un momento apropiado (pausa, un neno nos mira, a pelota vén cara a nós, …)
  3. Pedir permiso para entrar e, ao mesmo tempo indicar colaboración e participación nosa na actividade. Por ejemplo: sorrir, mirar ao outro, saudalo, … (impórtavos que xogue con vós?; podo poñerme na cola para xogar?; teño un balón novo, queredes xogar con el? …)
  4. Unha vez que entramos no xogo, participar nel correctamente. Ao principio e conveniente seguir o que fan os demais e seguir as normas marcadas. Non impoñer cambios bruscos nin entorpecer o desenvolvemento da actividade.
  5. Dicir algo agradable e agradecer aos demais que nos deixasen participar.
  6. Se non conseguimos entrar no xogo, debemos permanecer tranquilos. Hai que buscar outras estratexias ou alternativas.           
 Fonte pasos: Monjas, I (2006): Programa de enseñanza de habilidades de interacción social (PEHIS). CEPE. Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario