Neste mes propoñemos traballar co alumnado a habilidade social relacionada coa presentación e o sorriso.
É importante que o alumnado comprenda que as persoas que sorrín aos demais nas
situacións adecuadas fanse máis agradables, xa que o sorriso
indica aceptación e agrado e supón un premio ou recoñecemento para a outra
persoa. Tamén debe entender que o non facelo non resulta agradable aos demais
Deixamos algunha ligazón con propostas didáctivas e informativas sobre a risa, as presentacións, ... e o contaxio das emocións.
Na escola intentamos contaxiarnos do sorriso e concienciarnos da súa importancia, collendo e agasallando sorrisos. Se queres tamén podes coller un. É de balde!! Compárteo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario