Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

2 feb. 2013

ESCOLA NAIS E PAIS

Queremos dar as grazas a todas as persoas que asistiron á interesante charla de Federico Menéndez Osorio.

Recollemos aquí algunhas das frases que dixo e que nos fan reflexionar sobre o noso papel como pais e nais, a relación que debemos manter cos nosos fillos e fillas e a importancia dos límites.        


  •  O que desexa un neno/a é que lle queiran.
  •   O que espera o voso fillo non é o que vós sintades.
  •   Non hai pais perfectos.
  • Por moitos manuais que leamos non imos ser mellores pais. Pais analfabetos poden facelo, e fano, perfectamente.
  • Non se pode ensinar a ser pai ou nai. Pódese ensinar a uns pais a amar, a sufrir, ... iso é pasional e non se ensina.
  • O QUE QUERE O NENO É QUE O QUEIRAN, É SER ALGUÉN PARA OS PAIS.
  • SER PAI LEVA IMPLÍCITO A DÚBIDA, O MEDO, A INCERTIDUME, ... NON SABER QUE FACER, PERO FACEDE AQUILO QUE SENTIDES.
  • As receitas fan que nos liberemos dos temores, pero o que queren os nosos fillos é que lle deamos un nós auténtico.
  • Os nenos non queren educadores nin psicólogos, queren pais e nais.
  • NON EXISTEN AS RECEITAS MÁXICAS.
  • A educación é responsabilidade dos pais. O neno non imita, identifícase.
  • María Zambrano di: Ser pais é algo máis que facer persoas de carne e oso, é dar un apelido, un destino, unha estirpe.

  • Non é funcion do profesorado sustituír aos pais, senón prolongar noutro espazo, a escola, e doutra forma co saber que lle é propio.
  • A escola ten un importante papel na socialización dos rapaces e rapazas.

  • AUTORIDADE:QUE É? Vai unida á educación. A autoridade está baseada na autoritas, que significa sabiduría, é dicir, respecto a quen sabe. A autoridade baséase no cariño.
  • O PAI NON É UN COLEGUI.
  • Se a autoridade na casa falla, búscase fóra, onde a tiranía dos líderes externos é moito máis perigosa. Antes había referencias e modelos. Pero, hoxe ... cales son? 
  • Hoxe o pai non é un membro responsable da familia, senón algúen preocupado pola empresa familiar.
  • O neno vai construíndo o seu mundo a través das pautas e normas que lle impoñen na familia.
  • Os límites axudan a autocontrolarse, a saber aguantar. Se se fai o que dá a gana, non se teñen referencias.
  •  O QUE TEN TODO, NON TEN NADA.
  • Primeiro débese razoar os motivos da orde ....   
  • Porque o digo eu! Dio un pai porque quere aos seus fillos
  • Cando un neno se sinte culpable, sabe aceptar  un castigo.

Todos somos distintos. OS NENOS DISCAPACITADOS TEÑEN DEREITO A SÚA PROPIA PERSONALIDADE. TEÑEN DEREITO A ESTAR COS DEMAIS NENOS E DESENVOLVERSE.
A CONVIVENCIA ENTRE DISTINTAS PERSOAS BENEFICIA A TODAS ELAS.

Neste vídeo podedes acceder a unha ponencia do Xuíz de menores, Emilio Calatayud, que tamén nos serve para reflexionar sobre o papel dos pais e nais na actualidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario