Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

2 abr. 2013

2 DE ABRIL - UN DÍA AZUL

O 27 de novembro de 2077 A Asemblea Xeral da ONU adoptou unha resolución na que declara o día 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Se premedes na imaxe podedes acceder ao Manifesto 2013 de AUTISMO ESPAÑA relacionado con este día. 
banner jpeg
Globos azuis nos edificios, casas, colexios, ..., persoas vestidas de azul, edificios iluminados de azul, ... serven para concienciar sobre este trastorno.
Pero, ... por que azul?
A cor azul transformouse nun símbolo do Autismo porque representa o que viven as familias e persoas con esta síndrome, pois a cor azul  ten a peculiaridade de ser brillante como o mar nun día de verán e outras veces escurece como un mar en "tempestade", esta é unha forma de gratificar o que sucede ás  persoas e familias que e atopan percorrendo este camiño que  presenta demasiados desafíos" (ASPAU en http://midaryblog.wordpress.com)

Deixamos estes tres vídeos que nos poden axudar a entender mellor ás persoas con autismo.
A visión dun pai en : El viaje de María

A visión dunha irmá: Mi hermanito de la Luna.


Conto metafórico que fala das diferenzas entre as persoas aos máis cativos e da superación dun neno con dificultades para sobrelevar o día a día: El cazo de Lorenzo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario