Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

21 mar. 2013

DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE DOWN

Hoxe día 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Síndrome de Down.
Con este motivo DOWN-CORUÑA rodou coa colaboración dos rapaces da asociación  unha curtametraxe na que lanzan desexos do que lles gustaría ser, facer, realizar, ... "Cuando sea mayor".
Como non podía ser doutro xeito, os seus desexos coinciden cos que temos a maioría:

- Traballar ... con uniforme
- Percorrer ... a cidade
- Ter ... moitos amigos
- Ter ... una casa
- Saír ... cos amigos
- Viaxar ... polo mundo
- Sabelo ... todo
O que temos que ter claro, ao igual que eles, é que podemos conseguilo sempre que nos propoñamos facelo con constancia, con interese, con traballo e ... coa axuda precisa.
.
Aproveitamos para agradecer a colaboración de DOWN-CORUÑA.
Esta entrada adicámoslla a Víctor, que nos dá moitas cousas todos os días e, sobre todo, cariño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario