Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

24 mar. 2013

LIEBSTER BLOG AWARD


Natalia Longo, do blog Orientacioncondesa, concedeunos hai uns días o premio virtual Liebster Blog Award, o que nos fixo moita ilusión e que queremos agradecerlle de novo.

O obxectivos destes premios é facilitar o coñecemento doutros blogs entre a comunidade virtual. 
liebster-award_pakortiz
Ao recibilo comprometémonos a:
  • Nomear e agradecer o premio á persoa que o concedeu
  • Responder ás once preguntas que nos formule.
  • Conceder o premio a outros once blogs que nos gusten e que estean empezando.
  • Formular once preguntas para que respondan os blogueiros aos que premiamos.
  • Visitar os blogs que fosen premiados co noso.
  • Informar aos blogueiros do noso premio.
Respondemos ás preguntas formuladas:
1. Por que decidiches crear un blog e cando comezaches?
Por ir incorporando as novas tecnoloxías ao funcionamento do Departamento.

2. Que che aporta ter un blog?
Principalmente  permítenos informar, compartir co resto da comunidade educativa e con outros compañeiros o que facemos, informar,aportar recursos ... , ademais de servirnos de medio para saber o que outros departamentos están facendo.

3. Cal é a entrada do teu blog que máis éxito tivo? A que o atribúes?
A entrada "Quen dixo que as matemáticas son aburridas?". O seu éxito débese a implicación das compañeiras de 4º que lla propuxeron ao alumnado nos seus blogs, o que fixo que a maioría deles entrase en varias ocasións, e porque penso que nela tamén se deron conta que podemos aprender e practicar matemáticas pasándoo ben.

4. Utilizas redes sociais?
Non, é outra asignatura pendente.

5. Para ti, que significa educar?
Colaborar na formación de PERSOAS.

6. Viviches algún feito importante a través do blog?
O máis importante é comprobar que algo do que fas ten interese para outros.

7. De onde che nace a inspiracións para escribir e continuar co blog?
Das necesidades que observamos no centro, de inquietudes , do que les, dun comentario, ... de calquera cousa que provoque esa necesidade.
8. Que aprendeches a nivel persoal e profesional no último ano?
Tantas cousas ...

9. Cal é a túa frase favorita sobre educación?
Arturo Graf , escritor e poeta italiano,  dixo que "Excelente mestre é aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumno un desexo grande por aprender"

10. Que consello darías ás persoas sobre o mundo dos blogs?
Consello, consello ... que gocen compartindo as súas inquietudes, coñecementos, experiencias, ...

11. Case todos os que temos un blog, escribimos sobre o que realmente nos gusta ou motiva, como lles explicarías a alguén a importancia da vocación por algo, de perseguir os soños ...?
É difícil, ou cando menos complicado, seguir no mundo educativo, nos tempos que corren, sen vocación e sen ter algún soño que cumprir. Non teñen que ser grandes metas, senón pequenos obxectivos aos que sabes podes ir chegando e che motivan a continuar neste traballo tan gratificante.


E agora, ... os nosos premiados. 
Queremos conceder este premio a :

Estas son as once preguntas que nos deixou Natalia Longo e que tamén vos propoñemos:
1. Por que decidiques crear un blog e cando comezaches?
2. Que che aporta ter un blog?
3. Cal é a entrada do teu blog que máis éxito tivo? A que o atribúes?
4. Utilizas redes sociais?
5. Para ti, que significa educar?
6. Viviches algún feito importante a través do blog?
7. De onde che nace a inspiracións para escribir e continuar co blog?
8. Que aprendeches a nivel persoal e profesional no último ano?
9. Cal é a túa frase favorita sobre educación?
10. Que consello darías ás persoas sobre o mundo dos blogs?
11. Case todos os que temos un blog, escribimos sobre o que realmente nos gusta ou motiva, como lles explicarías a alguén a importancia da vocación por algo, de perseguir os soños ...?

3 comentarios:

  1. Moitas grazas polo premio Xusto! Saudos dende o equipo de infantil de Curtis.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós e parabéns polo voso blog, que está tendo moito éxito entre as familias.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas! Thank you very much! Queda tanto que aprender...!

    ResponderEliminar