Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

18 mar. 2013

O FRACASO ESCOLAR

A coordinadora da Biblioteca do Centro fainos chegar este vídeo publicado no  Blog da Biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica, onde se recolle a  intervención da profesora  Mª Ángeles Llorente ante a comisión de Educación das Corts Valencianas. Nela fai unha exposición sobre o fracaso escolar: concepto, causas, prevención, ... baseada na súa experiencia persoal e a do seu centro.
 
Nesta época de avaliacións e cualificacións, ademais de vivir nun momento de cambio lexislativo educativo, parécenos moi interesante a súa visión e as súas propostas, cando menos para reflexioar sobre o noso papel como docentes, pais/nais ou membros da comunidade educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario