Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

3 abr. 2013

DÍA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar o 8 de marzo propuxemos dúas actividades.
Invitamos a cada grupo a que elaborase un cartel sobre unha muller relevante. Este é o resultado.

E como as mulleres máis importantes son coas que convivimos todos os días, quixemos elaborar unha silueta con fotografías ou debuxos das nosas nais, avoas, irmáns, tías, ... Ademais aproveitamos para facer unha exposición de libros e contos que trataban sobre a igualdade de xénero.

Grazas pola colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario