Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

23 may. 2013

INDEFENSIÓN APRENDIDA

Segundo Seligman (1975)  a indefension aprendida dáse cando un suxeito percibe o cre que os sucesos son incontrolables, non pode facer nada para cambialos e existe independencia entre a resposta voluntaria e o resultado.

Aplicado ao proceso ensino-aprendizaxe, a indefensión é un estado de "desmotivación" ou predisposición para aprender negativa. O alumnado síntese incapaz de aprender, aínda que posúa as destrezas e habilidades precisas, como consecuencia dunha serie de resultados negativos independentes de cal fose a súa participación (esforzo, predisposición ou estudo) nesa tarefa concreta. Non intenta evitar a situación desagradable (mala nota) a pesar de estar capacitados para elo.
Isto leva a un estilo explicativo dos feitos característico dos suxeitos indefensos, todos os sucesos negativos están determinados por causas internas, estables e globales, mentres que os positivos por causas externas, inestables e específicas.

A indefensión aprendida conleva importantes consecuencias a diversos niveis, polas alteracións que provoca:
  • motivacionais: os sucesos incontrolables diminúen a motivación para iniciar respostas voluntarias.
  • cognitivos: a experiencia de incontroabilidade dificulta que o suxeito aprenda que a súa resposta sexa eficaz aínda cando realmente o foi.
  • de autoestima e competencia: dá lugar a unha baixa autoestima e incide  negativamente na competencia.
  • emocionais: a indefensión produce medo durante otempo que o suxito non está seguro da contrabilidade do resultado: se aprende que pode controlalo o medo diminúe ou desaparece.

No seguinte vídeo demóstarse como en só 4 minutos e mediante 3 sinxelos exercicios, a metade dun grupo pode sentirse "perdido", "frustrado", ... "indefenso".



Un estilo explicativo no que os fracasos se atribúen ao factores internos estables, mentres que os éxitos se atribúen a factores externos situacionales é unha das causas do fracaso escolar nunha parte importante do alumnado: "son tonto ou non teño suficiente capacidade para sacar os estudos; ese exame aproveino por sorte, era moi fácil"

PARA SABER MÁIS (fontes):

No hay comentarios:

Publicar un comentario