Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

1 may. 2013

OS PROBLEMAS ... DE MATEMÁTICAS

Na área de matemáticas, un dos principais problemas que nos atopamos co alumnado é debido ás dificultades que ten para resolver situacións problemáticas.
No documento publicado polo Goberno de Navarra, Isabel Echenique fai unha proposta de como tratar a resolución de problemas matemáticos en Educación Primmaria, graduando as estratexias coas que o alumnado debe ir facéndose ao longo da etapa.

Na completa páxina TXTerrab03 - Resolución de problemas, podemos atopar  propostas de problemas:
-          Orais (entre eles os do grupo Quinzet)
-          Escritos
-          Gráficos (a partir de situacións da vida cotiá)
-          Situacions matemáticas
-          Problemas Edilim
-          Situacións dixitais
Nacho Diego tamén recolle moitos problemas para resolver na súa páxina "Usa el coco".

No hay comentarios:

Publicar un comentario