Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

9 nov. 2013

ESCOLA DE NAIS E PAIS

O próximo luns día 18 ás 18:00 horas teremos a primeira charla da Escola de Nais e Pais no edificio das Torres co título:
Non podo co meu fillo/a. Estratexias para modificar a conduta desde o ámbito familiar.
A ponente será Roza Cazón, especialista en trastornos de conduta do Equipo de Orientación Específico da Coruña.
Para poder organizar a charla do mellor xeito posible rogamos ás persoas interesadas en ir e/ou que vaian utilizar o servizo de gardería que envíen o impreso que enviamos e que podedes descargar aquí.
Deixamos tamén a programación de charlas para este curso.
Esperamos contar coa vosa presenza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario