Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

20 dic. 2013

POR FAVOR! UN SORRISO EN NADAL 2014

As compañeiras de 5º de E.I. acaban de publicar en youtube un estupendo traballo no que se mestura a creatividade, a cooperación e os sentimentos, entre outras moitas cousas.
As ideas de nenos e nenas de 4 anos axúdannos a entender:

PORQUE DEBEMOS REFLEXIONAR PARA DARNOS CONTA DO IMPORTANTE.

PORQUE O IMPORTANTE NON É O MATERIAL.
PORQUE PODEMOS XOGAR A SER
   ESTRELAS              ANIMAIS            BRUXAS          ACRÓBATAS            SURFISTAS

PORQUE PODEMOS
    CORRER               SALTAR           NADAR               DEBUXAR             FACER RUÍDO

PORQUE SON SUFICIENTES
    UNS PAUS               UN POUCO DE AREA  
    
PORQUE O IMPORTANTE É TER
     ALGÚEN QUE NOS DEA UN ABRAZO
     ALGUÉN CON QUEN COMPARTIR
     ALGUÉN QUE ME FAGA CÓXEGAS SE ESTOU TRISTE
     ALGUÉN QUE ME MIRE, AÍNDA QUE SEXA CUN SÓ OLLO

PORQUE SEMPRE HAI PORQUE ESTAR ALEGRES.

PORQUE O IMPORTANTE É TER AMIGOS E AMIGAS.

Boas festas!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario