Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

29 ene. 2014

COMUNICACIÓN NON VIOLENTA

Unha compañeira achegounos o vídeo dunha ponencia de Pilar de la Torre, psicóloga e formadora en comunicación non violenta.
A comunicación non violenta (CNV) foi desenvolvida por Marshall Rosenberg, Doutor en psicoloxía clínica, educador, mediador en conflitos internacionais e fundador do "Center for Nonviolent Communication" (CNVC) no ano 1984.
Na súa páxina web : http://www.comunicacionnoviolenta.com/, atopamos estas recomendacións que nos parecen moi apropiadas para un día coma hoxe.


Dez cosas que podes facer para contribuír á paz(tanto interior como cos que che rodean):

1. Dedica uns momentos cada día para reflexionar sobre o tipo de relación que queres contigo mesmo e cos demais.

2. Recorda que todos os seres humanos teñen as mesmas necesidades.

3. Observa as túas intencións para descubrir se estás tan interesado nas necesidades dos demais coma nas túas.

4. Cando lle pidas a alguén que faga algo, verifica se estás facendo unha petición ou unha esixencia.

5. No canto de dicirlle a outra persoa o que NON queres que faga, dille o que SI queres que faga.

6. No canto de dicirlle a outra persoa como queres que sexa, dille que accións queres que faga para que lle axuden a ser dese xeito.

7. Antes de pronunciarte de acordo ou en desacordo coas opinións de alguén, trata de conectar cos seus sentimentos e necesidades.

8. No canto de dicir NON, expresa que necesidades túas che impiden dicir que SI.

9. Se sentes enfado, pregúntate que necesidade tes insatisfeita, e que poderías facer para satisfacela, no canto de pensar que hai de malo nos demais ou en ti mesmo.

10. No canto de encomiar a alguén que fixo algo que che gusta, demostra o teu agradecemento mencionándolle que necesidades satisfixo a súa acción.

Para os que queiran ver a ponencia de Pilar de la Torre e obter maior información sobre a CNV deixamos este vídeo e unha presentación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario