Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

25 ene. 2014

DESPÍSTASE CUNHA MOSCA


O próximo martes día 28 ás 18:00 teremos unha charla dentro da Escola de Nais e Pais co título: Despístase cunha mosca. Estratexias para mellorar a capacidade de atencion desde o ámbito familiar.
Imos contar con Alberto Veleiro, orientador do CEIP Sofía Casanova de Vilaboa (Culleredo) e estudoso sobre o déficit de atención.

Para as familias que non poidan acudir ou desexen ampliar información deixamos uns enlaces a guías  sobre este tema, que esperamos sexan de utilidade para comprender mellor as súas causas, como afrontar estes problemas desde a familia e que pautas seguir para mellorar.

Folleto para familias de Jesús Jarque (Blog familiaycole): Previr problemas de atención

Pautas para mellorar a atención (Colegio San Gabriel)

Recompilatorio de materiais, xogos, ... para traballa a atención sostida (Blog Orientación Ándujar)

No hay comentarios:

Publicar un comentario