Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

9 ene. 2014

DÍA DA PAZ: NELSON MANDELA

Este 30 de xaneiro, Día Escolar da  Non Violencia e a Paz, queremos ter un recordo espacial para Nelson Mandela, finado o 5 de decembro pasado, polo que propoñeremos realizar algunha actividade sobre el.


Madiba foi un gran defensor dos dereitos humanos e serviu de exemplo para a rapazada e a xuventude do seu país e de todo o mundo.
Este Premio Nobel da Paz loitou pola igualdade, a tolerancia, a xustiza ... e utilizou o deporte como vía unificadora dos xoves sudafricanos.

Das moitas frases que nos deixou recollemos esta sobre a educación, que nos fai pensar na súa importancia e reflexionar sobre a necesidade de loitar por unha educación pública de calidade para todos e todas.


"A educación é a arma máis poderosa

que podes usar para cambiar o mundo"
Nelson Mandela 

Premendo nas ligazóns pódese acceder a máis información e recursos:

Resumo breve biografía.

Vídeo: Mandela Day – Simple Minds (subtitulado en español)
Documental: Nelson Mandela – Viaje a la Libertad (History Channel) (45 minutos)
Documental: Nelson Mandela – El jugador n. 16
Película: Invictus

No hay comentarios:

Publicar un comentario