Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

22 abr. 2014

CONTOS COLABORATIVOS

Os seguintes contos están feitos de forma colaborativa entre todo o alumnado do centro: o alumnado do 3º Ciclo foi o encargado de escribir os textos, as ilustracións son obra do alumnado de EI e do 1º Ciclo, mentres que o do 2º Ciclo serán os contacontos.
A proposta do equipo de dinamización da convivencia foi elaborar contos de temática coeducativa partindo dos clásicos ou creando textos propios.
Con motivo do Día do Libro publicamos os primeiros elaborados. Nos próximos días engadiremos os que faltan.


No hay comentarios:

Publicar un comentario