Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

21 may. 2014

TAREFAS EXTRAESCOLARES - DEBERES

Debido á preocupación e á controversia que xurdiu na comunidade educativa do noso centro con respecto a este tema, recollemos o tratamento que dá das tarefas extraescolares (deberes) o proxecto de Decreto que regula o currículo de E.P. nunha disposición adicional.

Disposición adicional terceira. Tarefas extraescolares. 
1. Os centros poderán incluír dentro da súa programación xeral anual, segundo o marco 
de autonomía pedagóxica e organizativa, as pautas e/ou criterios xerais sobre o uso das 
tarefas extraescolares na etapa de educación primaria; de xeito que entronque co adecuado 
desenvolvemento das competencias clave do alumnado segundo os seus distintos procesos 
e ritmos de aprendizaxe, atendendo a un principio de progresividade ao longo da etapa 
educativa. 
2. No caso do seu establecemento, terase en conta un adecuado encaixe na vida das 
familias de xeito que se facilite a participación activa das mesmas na aprendizaxe e a 
adecuada conciliación da vida persoal e familiar, con respecto aos tempos de lecer do 
alumnado, ao tempo que fomenta a súa responsabilidade na formación e a súa autonomía, 
en liña cunha cultura do esforzo e do traballo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario