Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

17 jun. 2014

CAMIÑO A ESO

A semana pasada tivemos ocasión de visitar co alumnado de 6º o IES María Casares, centro ao que estamos adscritos, para ter unha primeira toma de contacto e coñecer as súas instalacións.
Despois da recepción por parte do Orientador e da Xefa de Estudos, fixemos unha visita polo instituto e finalizamos lendo unhas mensaxes cos desexos e compromisos de cara á nova etapa educativa que comezará en setembro.



Deixámosvos a presentación coa información básica da Educación Secundaria, pendentes dos cambios que se producirán nos próximos cursos coa implantación definitiva da LOMCE, e outra relacionada cos cambios propios da idade.


Premendo nas fotografías podedes acceder a páxina web do IES María Casares e á do Departamento de Orientación.

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario