Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

25 jun. 2014

VACACIÓNS DE VERÁN

Xa estamos de vacacións e con elas o merecido descanso despois do traballo realizado nestes meses, sol, praia, viaxes, novas experiencias, máis tempo compartido, festas, lecturas interesantes...


Pero tamén podemos buscar un oco para facer algunha tarefa relacionada co estudado durante o curso. Isto sobre todo é importante se tivemos algunha dificultade ou o rendemento non foi satisfactorio nalgunha materia.


Pautas para organizar o verán cando houbo algún "suspenso" (La Voz de la Escuela"): 
¡VERANO A LA VISTA!

Beneficios que poden aportar "os repasos de verán":
  •          Axuda a manter un bo nivel académico.
  •          Facilita recuperar algunha materia.
  •          Pode ser unha forma de combatir o aburrimento.
  •         Permite poner ao día áreas nas que tivemos algunha dificultade.
  •          Facilita a motivación cara a novas aprendizaxes.
Como organizar o traballo de verán:
  •          Deixar un tempo de descanso ao comezo das vacacións e ao remate, antes do inicio do curso.
  •          Evitar un traballo diario de máis de unha hora de duración.
  •          Procurar facelo pola mañá, para ter o resto do día libre.
  •          Ser flexibles; haberá días de festa, saídas, … que romperán a rutina.
  •          Utilizar distintos recursos: actividades online, cadernos lúdicos e motivadores, escribir un diario, xogos, … Non todo ten que ser en papel ou “fichas”.
Deixámosvos algunhas propostas:

Tríptico polo Departamento e o Equipo de E. Infantil para o alumnado de 5º e 6º desta etapa.


Como viaxar, aprender e gozar ao mesmo tempo. Propostas de Ana Torrese Jack en La Voz de La Escuela.


Propostas de actividades da Xunta de Castelá e León para as etapas infantil, primaria e secundaria.


Recompilatorio dos recursos interactivos da editorial Anaya realizado por Orientación Andujar


Recompilatorio de materiais de repaso e recuperación para primaria de Orientación Andujar


Recompilatorio realizado por Orientación Andujar con actividades de repaso para 5º e 6º de E. Primaria.

                                   


SOBRE TODO DESEXAMOS QUE PASEDES 
UN ESTUPENDO VERÁN!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario