Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

20 jul. 2014

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (2014-2015)

O pasado 12 de xullo publicouse a convocatoria das axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2014-2015.
Recolle axudas directas e subsidios ao alumnado con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastornos graves de conduta (incluído o afectado por TDAH) e axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
O prazo de presentación de solicitudes é desde o 15 de xullo ao 30 de setembro de 2014.
Pódese obter información complementaria e resolver dúbidas frecuentes aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario