Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

19 oct. 2014

EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Durante este curso, as sesións da Escola de Familias vanse centrar na Educación afectivo-sexual, realizando varias charlas adaptadas ás distintas idades do alumnado do noso centro.
Informaremos das datas proximamente, pero queremos deixar varios enlaces sobre documentos e entradas doutros blogs que nos parecen moi interesantes.

No blog de Mónica Diz Orienta atopamos esta guía para nais e pais sobre prevención de abuxo sexual en nenos, nenas e adolescentes. Está publicada pola Fundación Márgenes y Vínculos. Premendo na imaxe accédese a ela.

En OrientaciónCondesa, lemos esta estupenda entrada con guías e manuais sobre a Educación para a diversidade afectivo- sexual. Preme na seguinte imaxe.


Desde aquí podedes acceder a entrada que elaboramos o curso pasado sobre este tema..

No hay comentarios:

Publicar un comentario