Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

9 nov. 2014

DEREITOS DA INFANCIA

O próximo 20 de novembro conmemórase o 25 aniversario da Convención sobre os dereitos da infancia, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións unidas na súa resolución nesa data de 1989.


Esta é a proposta de traballo realizada no centro para ir coñecendo e reflexionando sobre eles ao longo de todo o curso:
MES
DEREITO
OUTUBRO
-  Dereito a ter un nome e unha nacionalidade
-  Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
NOVEMBRO
-  Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sans e libres
-  Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
DECEMBRO
-  Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas
-  Dereito a divertirse e xogar.
XANEIRO
-    Dereito a comprensión e amor por parte das familia e da sociedade.
FEBREIRO
-   Dereito a unha educación gratuíta.
MARZO
-  Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
ABRIL
-  Dereito á educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
MAIO
-  Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.


Páxinas con recursos:

  1. Recompilatorio Asunción García Álvarez
  2. Biblioforte
  3. Orientación Andujar

  1. Educatolerancia
  2. Blog: Educando en igualdad un deber
  3. Blog: Para padres y profesores
  4. Unicef
  5. Blog: Lluvia de ideas y recursos
  6. Blog: Actividades para docente
Propostas de actividades:
-          QUE QUERE DICIR ESTE DEREITO?
-          QUE DEBERES LEVA EMPARELLADO?
-          QUE PODES FACER PARA QUE OS NENOS E NENAS POIDAN TER ESE DEREITO?
-          CARTEL ALUSIVO
-          MENSAXE RELACIONADO PARA A RADIO ESCOLAR
-          ACTIVIDADE PLÁSTICA RELACIONADA
-          ELABORACIÓN DUN TEXTO SOBRE EL: DESCRICIÓN, NARRACIÓN, DIÁLOGO, POESÍA, CARTA, CANCIÓN, NOTICIA, …
-          RECOLLIDA DE NOTICIAS SOBRE O DEREITO
-          PROPOSTA DE ACTIVIDADE PARA O CENTRO (recollida alimentos, xoguetes,… campaña informativa, elaboración carta ao Concello, …)
-          ELABORACIÓN DE VÍDEO, PPT, …

No hay comentarios:

Publicar un comentario