Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

10 nov. 2014

GRAFFITI COLABORATIVO

A semana pasada, o alumando de 5º e 6º de E. Primaria realizaou unha actividade artística consistnte en realizar mediante a técnica de graffiti murais relacionados cos Dereitos da infancia no patio do centro.

Como era a primeira vez que o realizábamos, baixo a coordinación de Xan Equia do Museo de Arte Contemporáneo da Coruña, contamos coa colaboración de persoas con diversidade funcional do colectivo Artefíos da Coruña e de ASPACE de Sada.

                    

Premendo nas imaxes podedes acceder aos debuxos que fixo o alumnado sobre os dereitos.

 

A experiencia foi do máis enriquecedora en todos os aspectos, e, sobre todo, pola boa interacción que houbo entre todas as persoas participantes.
Premendo na foto podedes ver as fotografías que realizamos da actividade.
Proximamente colgaremos no blog as imaxes dos murais.

2 comentarios:

  1. Dende Artefíos debemos decir que... foi unha experiencia marabillosa! Encantounos voltar ó colexio por unha xornada e poder realizar convosco unha actividade tan bonita. Ogallá que Xan Eguia siga facendo unha labor como esta e poidamos repetir pronto!
    Unha aperta a tod@s!

    ResponderEliminar
  2. Para nós tamén foi unha experiencia estupenda, que esperamos poder repetir máis adiante. Unha forte aperta tamén para todos vós!

    ResponderEliminar