Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

23 nov. 2014

OS CANS GUÍA

Esta semana recibimos a visita de Toni e a súa cadela guía: Coloma.
Toni explicounos como lle axuda a desprazarse e os coidados que precisa. Ademais, aprendemos como debemos relacionarnos cos cans guías (perrosguia.once.es). Toma nota!
  • Nunca se debe distraer un can guía cando está traballando.


  • Nunca se lle debe ofrecer comida.


  • Ninguén debe sentir temor ante un can guía: son animais dóciles e moi ben educados.


  • Non deixe solto o seu can cando se achegue a unha persoa con discapacidade visual co seu can guía. Os cans saúdanse, con maior ou menor efusividade, e poden provocar algún accidente.


  • Nunca toque o arnés dun can guía. Só o debe facer o usuario.


  • A saúde dun can guía é excelente e o seu control veterinario exhaustivo.


  • Todas as persoas con discapacidade visual acompañadas de cans guía teñen garantido, mediante disposicións legais, o acceso aos lugares, aloxamentos, locais e transportes públicos.


  • Os cans guía son animais amigables. Requiren atención e afecto, e se non están traballando, agradecerán calquera mostra de simpatía e cariño.
Se premes nesta imaxe podes coñecer moitas máis cousas sobre eles.


Estas son as imaxes da bonita experiencia que tivemos.




Desde Orientacondesa recollemos esta interesante guía publicada pola ONCE onde se dan pautas para relacionarse con compañeiras e compañeiros que teñan algunha discapaciadade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario