Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

25 dic. 2014

AVALIACIÓN 3º CURSO E.P,

Na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola LOMCE, establécese a realización dunha avaliación no 3º curso de E.P, de carácter diagnóstico e centrada na comprobación do "grao de dominio das destrezas, capaciades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática"

O "Instituto Nacional de Evaluación Educativa" (INEE) do MECD vén de publicar o Marco Xeral da avaliación do 3º curso de E.P., elaborado en colaboración con 14 administracións educativas, entre elas a galega, e ofrece modelos de probas completas.

Información e recomendacións relevantes recollidas nese Marco Xeral;
  • Data da avaliación; maio.
  • Número de xornadas: dúas
  • Alumnado avaliado: o matriculado en 3º E.P. no curso escolar en que se realice.
  • Competencias avaliadas: C. Comunicación Lingüística(comprensión oral e escrita e expresión escrita) e C. Matemática (cálculo e resolución de problemas).
  • Profesorado avaliador: de E.P., preferentemente que non imparta clase nos grupos avaliados.
  • Informes elaborados: informe individualizado do/a alumno/a, informe individualizado do centro e informe do territorio de referencia. O primeiro recoméndase que se entregue despois de sete semanas de realizada a avaliación e os definitivos totais a comezos do curso seguinte.
  • Destinatarios informes: familias, profesorado, centros educativos e administración educativa.
  • Obxectivo: "La finalidad de la evaluación de tercer curso de Educación Primaria es ofrecer un informe individualizado a cada de uno de los alumnos y alumnas, sobre su progreso en el grado de adquisición de las competencias en comunicación lingüística y matemática, permitiendo detectar de manera precoz dificultades en el aprendizaje. Además, se pretende informar a las familias, centros y administración educativa sobre el progreso de los alumnos y permitir el análisis de los resultados. Finalmente, esta evaluación facilitará el establecimiento de medidas de mejora por parte de equipos docentes, directivos, inspección y administración educativa."

Premendo na imaxe pódese acceder ao documento completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario