Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

30 ago. 2015

AXUDAS PARA O ALUMANDO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2015-2016

Desde o 2 de agosto é posible solicitar as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta, así como para programas complementarios a alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Están destinadas ao alumnado escolarizado en centros educativos españoles, que acrediten a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os requisitos xerais e económicos establecidos na convocatoria.

A solicitude pode realizarse a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante o formulario on-line, que debe ser imprimido, cumprimentao e presentado no centro de estudos.

O prazo de presentación remata o 30 de setembro de 2015.

Leandro Lamas

No hay comentarios:

Publicar un comentario