Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

2 nov. 2015

MINDFULNESS (CONCIENCIA PLENA)

MINDFULNESS: CONCIENCIA ou ATENCIÓN PLENA. Cada vez máis centros educativos incorporan o "midfulness" á súa vida diaria. Esta práctica de orixe budista consiste en tomar conciencia do momento presente, atendendo aos pensamentos, emocións e sensacións corporais, buscando o goce do momento presente, aceptando a realidade tal e como é.
Nuns tempos de hiperestimulación, mediante a realización duns exercicios de 15 minutos diarios, as investigacións sobre o mindfulness demostran que o alumnado:
  • Mellora a súa conentración e a súa atención.
  • Aprende a regular as súas emocóns.
  • Dimúe a ansiedade, o estrés e a fatiga.
  • Mellora as súas habilidades sociais.
  • Incrementa a empatía.
  • Adquire maiores destrezas académicas.


PARA SABER MÁIS

-"Meditación en el colegio" - Reportaxe sobre o tema no xornal El Mundo.

-Presentación mindfulness para nenos e nenas de Yolanda Calvo Gómez.


-Entrevista a Patricia Ramírez en "Para todos la 2" de RTVE, na que reflexiona e comenta os beneficios do mindfulness en todos os ámbitos, e concretamente no deporte.




      Para empezar a practicalo na escola ou na casa, recomendamos a lectura de "Tranquilos y atentos como una rana" de Eline Snel, directora de la Academia de Enseñanza de Mindfulness.

    Neste libro, escrito cunha linguaxe clara e de fácil lectura, a autora explica en que consiste o mindfulness, que beneficios aporta ás persoas, e concretamente aos nenos e nenas, e propón varios exercicios prácticos. A aplicación destas actividades é moi fácil xa que o libro vén acompañado dun CD con 11 meditacións guiadas específicas para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

   

 No blog, Aula de Elena, a súa autora comenta o libro e explica como o aplica na súa clase. 
Preme na imaxe para acceder.


     Para coñecer máis sobre Eline Snel, podes ler esta entrevista  no blog Sloyu, slow down y vive el ahora.



     Desde o blog mimundodept, accedemos a dúas guías gratuítas para educadores relacionadas co tema.
    A primeira, "Mindfulness (atención plena o conciencia plena)", é de Alazne González e nela explica en que consiste o midfulness e describe os beneficios que aporta. Preme na imaxe para acceder.



       A segunda é o programa Aulas felices, baseado na Psicoloxía positiva e Mindfulness e elaborada polo Equipo SATI de Zaragoza. O programa ademais da guía conta cunha serie de anexos que se poden descargar desde o seu propio blog: educaposit.




No hay comentarios:

Publicar un comentario