Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

14 dic. 2015

A INATENCIÓN

As condutas de desatención son cada vez máis frecuentes nos rapaces e nas rapazas. Este é un aspecto que preocupa tanto ás familias como ao profesorado, xa que a atención é unha das capacidades básicas que favorece un bo rendemento académico.

As súas manifestacións máis frecuentes son:

  • Dificultade en prestar atención suficiente aos detalles ou incorren en erros, por descoido, nas tarefas escolares, no traballo ou noutras actividades.
  • Con frecuencia cústalles manter a atención en tarefas ou actividades lúdicas.
  • A miúdo non escoitan cando se lles fala directamente e a súa mente parece que está noutro lugar.
  • Cústalles seguir as instrucións e non rematan as tarefas escolares, encargos e obrigas no ámbito do traballo escolar.
  • Dificultades para organizar as tarefas e as actividades.
  • Normalmente evitan ou resístense a realizar tarefas que requiren un esforzo mental continuado.
  • Adoitan extraviar obxectos necesarios para as tarefas ou actividades.
  • Distráense con estímulos irrelevantes.
  • Acostuman a ser descoidados nas actividades diarias.

Desde esta entrada pódese acceder a distintos documentos e guías con pautas para favorecer o desenvolvemento da capacidade da atención, así como unha serie de estratexias que podemos seguir como pais-nais e docentes, ao tempo que llas podemos proporcionar ao rapaces e rapazas para manexarse con éxito nas distintas actividades que realicen.

Algunhas das orientacións básicas que podemos seguir desde o ámbito familiar están:
  • Unificar criterios entre as persoas adultas da familia.
  • Fixar normas e límites: claros, poucos e ben definidos.
  • Ter unhas rutinas diarias fixas.
  • Servir de modelo de conduta reflexiva na realización de tarefas.
  • Ter un lugar de traballo fixo con todo o material que se precise no lugar correspondente.
  • Fragmentar as actividades a realizar.
  • Realizar unha actividade de cada momento. Evitar cambiar de actividade antes de rematar a anterior.
  • Intercalar tarefas de maior concentración con outras que exixan menos.
  • Habituar a usar a axenda escolar.
  • Reforzar todas as condutas positivas.
  • Desenvolver unha autoestima axeitada.
  • Limitar o tempo de uso de pantallas.
  • Favorecer a realización de actividades ao aire libre e con iguais.
  • Coordinarse co profesorado do centro.

Como traballar a atención dos nosos fillos e fillas?


Acceso ao recompilatorio de Orientación Condesa sobre TDAH, con guías para as familias e o profesorado.






No hay comentarios:

Publicar un comentario