Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

4 feb. 2016

DÍA CONTRA O CANCRO: "DOA MÉDULA - DOA VIDA"

Hoxe, 4 de febreiro, é o Día Internacional contra o Cancro, e o próximo día 15 o Día Internacional do Neno/a con Cancro.

A pesar dos avances médicos e tecnolóxicos que consiguen uns altos niveis de curación, o cancro segue a ser unha das enfermidades que asociamos con dor, desconcerto, medo e incerteza. E todos estes sentimentos increméntanse cando afecta a unha nena ou a un neno.

Como pais e nais, quizais sexa unha das experiencias máis dolorosas que poidamos vivir, o que leva a que intentemos coñecer todo o posible sobre a enfermidade e poñer todos os medios ao noso alcance para intentar combatila e procurar que todo o proceso se leve do mellor xeito posible, 

Como docentes, coñecer e aceptar que a unha das nosas alumnas ou alumnos lle foi diagnosticado un cancro tampouco é fácil. Nun principio aparecen moitas emocións, temores e preguntas ... que vai pasar?, que dicir?, como axudar á nena enferma?, como preparar aos compañeiros e compañeiras para esta situación, como explicar os cambios físicos que poden aparecer polos tratamentos?, como actuar coas demais familias? 

Informando, asesorando, colaborando, axudando e, sobre todo, acompañando facilitamos que a familia se sinta arroupada.

Pero, tamén podemos dar un paso máis doando, doando a médula ósea.



Estes son algúns recursos que poden axudar a familias e docentes para entender e afrontar o cancro infantil, co obxectivo de apoiar aos nenos e nenas que o padecen:

         Adaptación do libro anterior feita polo centro para explicar ao alumnado a quimioterapia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario