Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

22 may. 2016

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO - FONDO SOLIDARIO LIBROS

O pasado 16 de maio publicouse a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

O prazo para presentar solicitudes iniciouse o día 17  e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).

Pódese acceder á orde premendo na imaxe.


Acceso á solicitude.



No hay comentarios:

Publicar un comentario