Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

30 ago. 2016

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2016/2017

Desde o día 2 de agosto e ata o 29 de setembro de 2016 está aberto o prazo para solicitar bolsas e axudas do MECD para alumnado  con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta, para alumnado con necesidade de reducación pedagóxica ou de linguaxe, así como para programas complementarios a alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Toda a información e o acceso á solicitude  a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. A solicitude deberá entregarse no centro.

Resultado de imagen de cuadro escola leandro lamas

No hay comentarios:

Publicar un comentario