Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

21 oct. 2016

TRABALLANDO OS MEDOS NO SAMAÍN

Reproducimos a entrada elaborada por Natalia Longo, orientadora do CEIP Condesa de Fenosa no seu blog "Orientacioncondesa" , con pautas e recursos para traballar o medo.


Resultado de imagen de samain medo

Todos nós sentimos temor nalgunha ocasión. É unha emoción básica e natural que necesitamos para sobrevivir. Ter certo grao de medo, fainos ser precavidos, protéxenos dun perigo ou dunha ameaza real para a nosa integridade. Permite que nos poñamos en garda para tentar de facerlle fronte a unha situación.

Pero hai outro tipo de medo que non nos preserva dos perigos, que non é util para nós. É un sentimento irracional que nos paraliza e non nos deixa disfrutar da vida cotián. Leva parello unha resposta desproporcionada ante un determinado estímulo e nos converte en prisioneiros, sen deixarnos facer aquelo que queremos. Este é o tipo de emoción que debemos aprender a controlar e superar.

Os medos infantís forman parte do desenvolvemento evolutivo. Para superalo, os nenos deben ir gañando confianza en sí mesmos. A festa do Samaín pode ser un bo momento para traballar o medo co fin de que poidan disfrutar desta celebración e vivila como unha divertida experiencia.

Algunhas ideas para traballar o medo na clase son:
  • Tomar conciencia dos nosos propios medos. Falar deles e verbalizalos ante todo o grupo.
  • Falar das sensacións que sentimos cando temos medo: súor, temblor, tensión...
  • Normalizalo. Todos temos/tivemos medo nalgunha ocasión.
  • Recordar como superamos antigos medos.
  • Investigar sobre as cousas ás que lle temos medo.
  • Facer enquisas  ou un conto viaxeiro no que os adultos falen sobre a que teñen/tiñan medo e que fan/fixeron para vencelo.
  • Dramatizar relatos nos que algunha persoa vence o seu medo, buscándolle o lado divertido á situación.
  • Ler contos nos que o protagonista supera o medo (Ver Los miedos infantiles en la literatura para niños).
  • Debuxar/Escribir os nosos medos e metelos na caixa "comemedos".
  • Facer un pequeno libro, unha presentación... cos medos de todos os nenos da clase.
  • E por si non se vos ocorren outras ideas, aquí tedes:
  • O enlace do obradoiro "Traballar as emocións: o medo" do Equipo da Biblioteca do CEIP Quintela-MoañaDescargar

E que podemos facer na casa?
  • Identificar o que lle produce temor.
  • Falar dos medos, insistindo en que son un sentimento natural.
  • Respectar os sentimentos do noso fillo e escoitalo activamente.
  • Non rirse de el nin  menospreciar o que sinte.
  • Non abandonalo ante o seu medo. Estar sempre dispoñibles para darlle afecto e seguridade co fin de que, paulatinamente, vaia superando o mesmo.
  • Non facer comentarios negativos sobre o seu sentimento.
  • Non ridiculizalo por sentir medo nin rifarlle ou castigalo.
  • Non reforzar a conduta.
  • Axudalo a que o verbalice, empatizando co que pode estar sentindo.
  • Non negar o seu medo con frases como: "Iso é unha tontería", "Como vas ter medo de...?" . Para el é unha vivencia moi real.
  • Demostrarlle que temos confianza en que pode superalos.
  • Facer fincapé en que lembre como superou medos antigos.
  • Normalizar a situación e non magnificala.
  • Falarlle de que nós tamén tivemos medo e de como o superamos.
  • Non utilizar os seus medos para controlalo ou castigalo: "si te portas mal, ven o..."
  • Evitar sobreprotexelo. 
  • Fomentar a sua autonomía e a súa independencia. Baixo os medos sempre acostuma haber certa inseguridade.
  • Fomentar que asuma pequenas responsabilidades según as súas posibilidades.
  • Non forzalo a facer o que teme. Avanzar con calma e sentido común.
  • Controlar o que ve na televisión.
  • Amosar unha actitude tranquilizadora e positiva.
  • Procurar non transmitirlle os nosos propios medos.
  • Contar contos.
  • Reforzar as condutas libres de medo.
  • Poñer nun papel os seus medos e metelos dentro dunha caixa. Atala cunha corda  e ben pechada gardala onde el queira. Isto procuraralle certa sensación de control.

No hay comentarios:

Publicar un comentario