Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

22 ene. 2017

CÓNTAMO TODO ... sobre sexo

"CUÉNTAMELO TODO" é o título dun libro escrito por Kathatina von der Gathen, ilustrado por Anke Kuhl e publicado pola editorial TakaTuka, no que, como aparece no seu slogan, se recollen 101 preguntas realizadas por nenos e nenas sobre un tema apasionante: o sexo.
Imagen relacionada

O libro nace das cuestións que nenos e nenas de 3º e 4º de EP realizaron de forma anónima sobre dúbidas que poden ter sobre o seu propio corpo, a sexualidade e o amor, nos distintos obradoiros de educación sexual que a autora realiza nos centro educativos. 

A autora, pedagoga sexual, recompilounas e deulles resposta dun xeito claro, sinxelo e preciso. Cada pregunta vai acompañada dunha ilustración colorida e cun toque cómico.


O formato do libro, a modo de libreta, no que recolle as cuestións respectando á caligrafía e á ortografía oxinal, a resposta da autora e a divertida ilustración, fan del un formato diferente para tratar de forma completa e divertida un tema que con frecuencia pon aos pais e nais nalgún compromiso.

Moi recomendable!
Apartir de 8 anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario