30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ
Hoxe celebramos no centro o Día da Paz. Para concretar esta
celebración cunha acción que contribuíra a un mundo mellor, o alumnado trouxo un
alimento/produto de hixiene para familias da zona (Oleiros, Cambre, Culleredo)
que o necesiten. Con ese símbolo da paz repleto de alimentos, queremos
transmitir a importancia de compartir, por una banda, e de que todos os nenos e
nenas teñan cubertas as súas necesidades, por outra.
Grazas a todo o alumnado e ás familias polo voso granito de area, e ás mestras de
música por poñer banda sonora e ritmo ao acto:
“Somos unha marea de xente,
todo é diferente remando ao mesmo compás”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario