Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

14 sept. 2018

Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoyo educativo para o curso 2018-19

Ata o 27 de setembro de 2018 está aberto o prazo para solicitar bolsas e axudas do MECD para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta, para alumnado con necesidade de reducación pedagóxica ou de linguaxe, así como para programas complementarios a alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Toda a información e o acceso á solicitude a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

A solicitude deberá entregarse no centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario